viernes, 20 de diciembre de 2019

Fin de trimestre pasado por auga

Poñemos fin  ao primeiro trimestre  deste curso 2019-20 cun día  frio, con  chuvia intensa, un pouco de vento e con moita humidade.

O campo rezuma  auga por calquera sitio que un vaia, por onde pise...... Esto xa non é outono, senon inverno puro e duro...
Esperamos  voltar en  xaneiro, con mellorías importantes, coas xeadas, con sol que  quente un pouco os días de frío intenso que van a vir, en fín,  co tempo que sexa.
Agora, mentras, recomendamos  disfrutar destas próximas festas, cheas de costumes, agasallos, ledicias e recordos. Bo NADAL a tod@s.



Ate xaneiro, ate  o 2020.
Bo Nadal!!!!

miércoles, 18 de diciembre de 2019

Día de transición

Hoxe  temos un  día típico de  inverno, mellor dido de transición entre  o outono que está a piques de irse e  do inverno que está asomando.......




martes, 17 de diciembre de 2019

Volve o frio e a néboa

Hoxe  temos  un día moi frio, con minima  moi baixa e  cunha néboa espesa que non deixa ver todo o noso entorno....





lunes, 16 de diciembre de 2019

Regressa o mal tempo

Hoxe  empezamos semana con moi mal tempo:  vento, chuvia intensa e  temperaturas caendo en picado.....
Este fin de semana choveu moito, sobre todo desde o domingo á  mediodía....

 Tuvemos que  rellenar  de novo   o recipiente do pluviómetro....

 Como se pode observar, ás  11:15  apenas un grao por enriba da temperatura mínima.


viernes, 13 de diciembre de 2019

Peche de semana chuviñosa

Pechamos a semana de chuvia  con  temperaturas estables e  suaves..... aínda que o vento fai acto de presenza.

Hoxe tivemos un meteorólogo  novo, que  se acercou pola estación a ver  cómo recollíamos os datos..... e foi un eficiente  investigador.




miércoles, 11 de diciembre de 2019

Acabouse o bo tempo.....

Hoxe  xa tivemos a visita da chuvia, un pouco débil, pero de noite debeu arreciar!!!!





Aproxímase  a fase da Lúa chea e  a inestabilidade do tempo aparece de novo....

Con todo  as temperaturas  seguen a ser baixas.




martes, 10 de diciembre de 2019

Seguimos con intenso frio

Hoxe  continuamos cunha xornada de  frío intenso, e  o que é  peor, con  unha sensación de frío  xélido, porque  a  néboa  on ergue e  as temperaturas aínda que   soben un pouco de cero, parece que temos temperaturas negativas....


lunes, 9 de diciembre de 2019

Iniciamos unha nova semana de frio

Hoxe  volvemos a retomar  as temperaturas frescas de días pasados e  un pouquiño mais de humidade.....Algo parece que choveu....



 Aqui temos  as meteorólogas  encargadas de facer os seguimentos e rexistros durante esta semana....


jueves, 5 de diciembre de 2019

Menuda semana de frio

Hoxe pechamos unha semana de  frío intenso e  de sol radiante!!!!!

Agardamos que este  tempo se prolongue  por uns días máis.



b

Xa temos os grupos de  observación feitos e preparados. O luns 9 empezamos co rexistro de datos....


miércoles, 4 de diciembre de 2019

Presentación do proxecto METEOESCOLAS 1920

Hoxe presentamos o Proxecto de  MeteoEscolas, "Meteoaprendendo con Efrén", aos nosos  alumnos participantes.

Nesta  reunión expuxemos  as  principais accións que imos levar a cabo durante este curso e  a organización das tarefas de observación e rexistro de datos  recollidos pola nosa estación.

Como cada ano,  os  nos alumnos  e alumnas  mostraron un especial interese por  estas novas accións.

Este  curso, como novidade, os nosos observadores e  observadoras  van a  ter autonomía para  facer as tarefas de  rexistro de datos, polo que  eles solos, en grupos de  catro, farán  as observacións de temperatura, auga  e estado do ceo, rexistrarano no  panel da entrada do colexio e  documentarán todo con fotos e  farán  algún potscat para  subir á nosa  web e ó noso blog.








Segundo día de baixas temperaturas

Hoxe volvemos amañecer con temperaturas moi frias,  con mínimas por debaixo de  cero grados e  afortunadamente o sol  segue a visitarnos moi resplandecente.






martes, 3 de diciembre de 2019

Chegaron as xeadas e o sol

Por fín  temos un día de  sol e frio......

Hoxe  a temperatura mínima en  Toén foi de  1  grao baixo cero  e  de noite  caeu unha xeada de  coidado...... ás once da  mañá  a temperatura aínda no subira de cero graos.




















Pero por fin, saíu o sol e  esperamos que o día  vaia atemperando.....




lunes, 2 de diciembre de 2019

Cambio de tempo

Empezamos decembro con  melloría de tempo..... pasamos  duns días de  intensa chuvia, moita humidade e  ceos cubertos a  unha  semana  de tempo enxuito e temperaturas  baixas..... ou eso esperamos, aínda que  hoxe   recollemos  as precipitacións de todo o fin de semana, que foron moi abundantes.



viernes, 29 de noviembre de 2019

Peche de semana de chuvia

Esta semana, coa Lúa nova, tiñamos a esperanza de que  o tempo cambiara un pouco,  e  a chuvia   nos  deixara uns días, pero non foi así.  Tivemos unha semana pasada por auga, non moita pero sí cada día.
Temperaturas moi  estables e templadas,  con  moi pouca amplitude térmica. 
 A chuvia non foi moita  ao longo de toda a semana,  pero cada día   puidemos  observar  que o noso pluviómetro recollía  valores que  oscilaban en torno dos 5 litros e pico  de media ao longo da semana.



jueves, 28 de noviembre de 2019

Xoves de mal tempo

Un día mais   quen  apareceu  bastante claro e estable pero que conforme foi avanzando foise poñendo moi feo.... A chuvia un día mais  fixo acto de presencia, non é moita pero  por  veces  intensa.