miércoles, 27 de febrero de 2019

Seguimos con sol!!!!

E seguimos  con  temperaturas altas.... e sen chover!!!

Levamos uns días  con temperaturas máximas  por enriba dos  20 graos e con mínimas que rondan os  10, algo  impropio do  mes de febreiro.  Estas tamén son algunhas consecuencias do cambio climático.



martes, 26 de febrero de 2019

Traballando nos disfraces

Xa levamos uns días  traballando nos  disfraces, que como non podía ser doutro xeito, tamén relacionamos co tempo.
Aquí temos os  cativos  e cativas de  primeiro e segundo  elaborando  partes dos seus disfraces, que o venres  exhibiremos  no desfile.











E seguimos con calor!!!

Un día mais,  temos unha temperatura mínima  bastante alta para estas datas, e  onte  superamos  os 24 º de máxima.
Vamos, coma no verán!!!!!

 E segue sen caer unha gota de auga!!!!


viernes, 22 de febrero de 2019

Refraneiros

Os nosos alumnos  de  1º e  2º  xa  están a  recoller  refráns  populares  relacionados co tempo. Deixámosvos eiquí unha escolma dalgúns xa recollidos.







jueves, 21 de febrero de 2019

Hoxe tempo estable

21 de febreiro, día soleado...

Hoxe  non tiñamos néboas e a temperatura mínima tampouco foi moi baixa...... e tampouco caeu unha gota de auga.
Será que esta cerca a primavera....?


miércoles, 20 de febrero de 2019

Hoxe tiñamos un día con néboa

As mínimas  son baixas e  as  máximas non parecen de febreiro.

E os nosos meteorólogos  poden dar conta delo.....






E  pola noite parece que  tampouco choveu moito. Vamos!!! que imos a ter un inverno non moi chuvioso!!!!

martes, 19 de febrero de 2019

Hoxe xa tivemos valores normais...

Hoxe  volvemos a comprobar como  se  medimos en graos centígrados.  E  ademais, que  fací moito frío á mañá.



As veces,  a presión é grande para  eles,  que fan un grande esforzo por  expoñer  e falar diante dos seus compañerios.  Desde eiquí a todos e todas, moitos parabéns, e  ánimo, a seguir  traballando  así.
 

lunes, 18 de febrero de 2019

Qué temperaturas!!!!!

Hoxe  observamos unha  temperatura moi rara, moi rara.

Hoxe  cando visitamos a nosa caseta, observamos que  presentaba uns datos moi raros.... moi elevados  para o noso entorno.  Fíxonos pensar, e ó final  puidemos  transformar  estas medicións a unha linguaxe que nós entendemos.....

Desta maneira,  tivemos que utilizar unha escala de conversión de graos, para pasar  de graos Farenhait  a graos Centígrados.

Entón, observamos que nese momento, ás  11:15  tiñamos unha temperatura de 7º centrígrados. Tivemos unha mínima de 3,5  e  onte tivemos unha máxima de  22,3
Xa  descubrimos algo máis,  outro tipo de  medida da temperatura. E  ademais, que temos que ter coidado cando reseteamos pois non debemos cambiar  o sistema de medida.


viernes, 15 de febrero de 2019

Temos un tempo case primaveral

O cambio climatico fai que  teñamos unhas temperaturas agradables

 Os nosos meteorólogos  quedan ate  sorprendidos...



E chover non debeu chover moito....



jueves, 14 de febrero de 2019

Xa temos cartel e taboleiro para o tempo en Toén

Estreando taboleiro...

Hoxe inauguramos o noso  taboleiro   onde iremos poñendo o tempo que  fai en Toén.


 E seguimos recollendo datos....


E  dando o tempo en Toén....como cada día....



miércoles, 13 de febrero de 2019

martes, 12 de febrero de 2019

lunes, 11 de febrero de 2019

Choveu!!!

Superándose  cada día!!
Un día  máis   recollendo datos, e por  fín, Choveu dabondo! Eso parece ao observar a cantidade de auga que encontraron os nosos meteorólogos no pluviómetro.



E agora  deixámosvos  un video de cómo os alumnos de  2º  traballan  as cuestións meteorolóxicas na  clase. Cada día  profundizan  máis. 



 

viernes, 8 de febrero de 2019

Cada día un enigma

O rexistro de datos está a ser moi atractivo.

Cada día, os nosos alumnos  baixan  con ilusión renovada, a comprobar os datos da estación.


Ahí temos os datos de temperatura de hoxe,  8 grados ás 11 da mañá e unha mínima de  2,5.


 Toman nota e  despois  introducimos os datos en Meteogalicia.

jueves, 7 de febrero de 2019

Recollendo datos

Seguimos co protocolo de  recollida de datos....

Hoxe  tocoulles a outros tres alumnos ir  a onde temos instalados os aparellos a  observar os datos de temperatura e  chuvia  recollidos na  nosa estación.




Temos establecido que cada día  encárganse da recollida de datos  tres alumnos. Un de primeiro, outro de segundo e outro de  quinto, baixo a supervisión dun dos titores destes grupos ou do profesorado colaborador.  
Hoxe puideron observar que   temos  un día  moi temperado, cunha  mínima por enriba dos 4 grados e onte tivemos unha máxima en torno aos 15 graos. Non se observaron precipicitacións significativas. 
Aínda que hoxe tiñamos un ceo moi toldado e  con  algo de  "moquexeira" pola mañá,   non choveu  e  temos unha temperatura agradable. 
Seguiremos informando....