jueves, 25 de abril de 2019

Días de chuvia e frio

Imos polo cuarto  día de chuvia  e  baixas temperaturas que estamos a sufrir despois das vacacións de  Semana Santa... Levamos uns días  que  as temperaturas non suben de 15 graos e as mínimas  rondan os  3 graos.  Chove a bondo e  por  veces  temos unha  ventoladas  que parece que van caer as árbores.....
Hoxe deixámosvos  estas mostras....

 Hoxe  foi o día que menos rexistro pluviométrico observamos... nos días anteriores chegouse a  niveis superiores.


viernes, 12 de abril de 2019

Ultimo día de chuvia

A chuvia  apareceu, estivo uns días por eiquí e  foise. Imaxinamos que  a outra parte coas pinguadas primaverais..... Menos mal que  aínda nos  deixou  unha pouquiña.... que  veu  cos temperaturas baixas...


 Contentas estabamos con  esta riqueza.




viernes, 5 de abril de 2019

Chegou a chuvia

Por fín, detrás do frío polar que  estamos tendo estes días,  asomou por fín  a chuvia e deixounos unhas pingoadas.....
Esperemos que  abril faga xusticia ao refran  do mes...




 Iván, de  3º,  mostra orgulloso a cantidade de auga  recollida no pluviómetro. Xa era hora de  recoller algo!!!!! Que chova!!!!!


miércoles, 3 de abril de 2019

Por fin un cambio de tempo

Hoxe visitounos a chuvia  aínda que non caeu  nin unha gota no noso pluviómetro..... Polo menos, as temperaturas  baixaron moito. Hoxe temos un día con moito frío en comparación con estes días de atrás...