martes, 4 de diciembre de 2018

Xornada de formación



Os profes informámonos  sobre  cómo levar  adiante  o proxecto de  MeteoAprendendo no noso colexio. Dous mestres, Porfirio Seara e  Xosé Raposo asistiron onte, 3 de decembro, a unha  xornada de Formación nos locais de  Meteogalicia, en Santiago de Compostela.
Ali compartimos experiencias   que  levan a cabo noutros colexios, informáronnos   de cómo  teremos que  facer as  medicións e  algunhas orientacións para  elaborar a Memoria Final. 
Entregáronnos como material de partida, un pluviómetro e  un termómetro dixital para rexistrar as temperaturas mínimas e  máxima respectivamente.

Agora, só nos  falta  facernos cunha  caseta para ubicar os aparellos de medida e buscarlles unha ubicación no entorno do  centro. Nelo xa andamos!!!!

Algo así....