viernes, 13 de marzo de 2020

Tempo seco....

Iniciamos a segunda semana de  marzo con temperaturas agradables e un tempo bastante estable. Pena que  teñamos que  suspender as nosas observacións porque  se suspenden as clases a causa do terrible  coronavirus.

Agardamos que esto pase axiña e  sen  consecuencias.




viernes, 28 de febrero de 2020

Adeus febreiro

Despedimos febreiro con temperaturas  suaves para esta época..... aínda que mañá  espérase unha baixada de temperaturas e  a chegada dun frente  frío con abundante chuvia. Parece que chega  Jorge,  unha nova borrasca que  ven do Atlántico norte.
Estes días  despois do Entroido, a amplitude térmica   é  considerable.....





jueves, 20 de febrero de 2020

Semana de contrastes térmicos....

Chegamos ao xoves de comadres con temperaturas mínimas moi baixas e  con máximas  moi moderadas... Polas mañás  temos  algo de néboa pero  a media mañá  se  está todo despexado.



lunes, 17 de febrero de 2020

Novo tempo e novos meteorólog@s

Iniciamos a  semana de entroido con boas temperaturas..... e os nosos meteorólogos    quixeron recordarnos as temperaturas en Toén...

miércoles, 29 de enero de 2020

jueves, 23 de enero de 2020

viernes, 17 de enero de 2020

miércoles, 15 de enero de 2020

Un descanso na friaxe

Bueno, parece que a friaxe   vainos dar un descanso durante  uns  poucos días..... Onte, o martes foi un día de transición, e hoxe, que  choveu dabondo durante a noite, tivemos unha xornada de pouca amplitude térmica.....



lunes, 13 de enero de 2020

Segunda semana de frío

Hoxe iniciamos unha nova semana  de frío,  con  moitas néboas  ao longo da mañá e despexado polas tardes....

jueves, 9 de enero de 2020

Ano novo tempo novo

Iniciamos  o segundo trimestre  con  tempo soleado pero  moi frio.  Nótase incluso no colexio que   leva  tantos  días  pechado e sen  calefacción, que  sí  tivemos un día  de moito frío...... un 8 de  xaneiro de  2020  moi "gélido".!!!!



 Hoxe, xá  o día 9,   apareceu un día  de nubes altas,   que logo apareceu  un pouco de chuvia e saíu ate o arco da vella..!!! E como podemos ver a temperatura mínima subiu un pouco.