martes, 4 de diciembre de 2018

Xornada de formación



Os profes informámonos  sobre  cómo levar  adiante  o proxecto de  MeteoAprendendo no noso colexio. Dous mestres, Porfirio Seara e  Xosé Raposo asistiron onte, 3 de decembro, a unha  xornada de Formación nos locais de  Meteogalicia, en Santiago de Compostela.
Ali compartimos experiencias   que  levan a cabo noutros colexios, informáronnos   de cómo  teremos que  facer as  medicións e  algunhas orientacións para  elaborar a Memoria Final. 
Entregáronnos como material de partida, un pluviómetro e  un termómetro dixital para rexistrar as temperaturas mínimas e  máxima respectivamente.

Agora, só nos  falta  facernos cunha  caseta para ubicar os aparellos de medida e buscarlles unha ubicación no entorno do  centro. Nelo xa andamos!!!!

Algo así....




miércoles, 31 de octubre de 2018

Un PROXECTA novo


 Logo actividade




Este curso  2018-19  iniciámonos  nun  novo proxecto de  traballo dentro do programa de Plans Proxecta que   ofrece a Consellería de Educación aos centros educativos,  o Proxecto "METEOESCOLAS" ,  que nós  elaboramos e presentamos co  lema de "MeteoAprendendo".



Efrén, a nosa  mascota está a facer o seguimento de tódolos proxectos e éste tampouco escapa a o seu control.



A continación deixávosmos  os principais obxetivos que nos marcamos:
  1. Familiarizar ao alumnado cos  termos meteorolóxicos e co funcionamento dos instrumentos de medida.
  2. Implicar  á comunidade educativa no coñecemento da meteoroloxía e a súa relación co medio ambiente. 
  3. Empregar  a meteoroloxía  como  motor de traballo interdisciplinar que  fomenta o desenvolvemento das compentencias clave. 
  4. Proporcionar ao alumnado estratexias de recollida, manexo, tratamento e interpretación da información. 
  5. Que o alumnado se  familiarice coa  creación de  gráficas, táboas e  climogramas e sexa capaz de interpretalas e  explicar  o que reflexan. 
  6. Que o alumnado desenvolva estratexias de relación social e de traballo cooperativo, fomentando a inclusión de todos e de todas  dentro dun clima de convivencia axeitado. 
  7. Que  o alumnado  valore a importancia da interpretación do tempo atmosférico  e as  variacións no clima  para a vida no medio rural.   
  8. Que o alumnado  aprenda a  planificar accións, desenvolvelas con autonomía, valoralas e propoñer  melloras. 


Para acadalos,   propuxemos  algunhas  actividades interesantes para  desenvolver ó longo do curso. Serán os nosos alumnos e alumnas de  1º, 2º e 5º os verdadeiros protagonistas  desta aventura multidisciplinar que  nos levará  a descubrir  coñecementos, situacións, experiencias, vivencias, .... multidiversas e moi enriquecedoras.
Esta é a nosa previsión de  actuacións.


ACCIÓNS
1T
2 T
3 T
Recollida diaria de datos de temperatura, choiva e  estado do ceo.
X
X
X
Reflexar  estes datos nos correspondentes calendarios e espacios web/blog.

X
X
Establecer os instrumentos  necesarios para  o rexistro de datos.
X


Elaborar refraneiros para cada mes do ano.
X
X
X
Elaborar  estatísticas cos datos  recollidos.

X
X
Rexistrar  o estado do ceo cada día (sol/nublado/choiva/neve)
X
X
X
Realizar  entrevistas aos maiores  do Concello para recoller información sobre cómo se predecía o tempo antigamente.

X
 X
Creación de murais onde  se reflexen os datos trimestrais de temperatura e chuvia.

X
X
Elaboración dun documento audiovisual que recolla  o máis  significativo do proxecto.
X
X
X
Elaboración de calendarios meteorolóxicos e   climogramas.

X
X
Creacción dun espacio propio dentro do sitio web do centro ou mesmo un blogue.

X
X
Recibir  no centro a visita dun meteorólogo.

X
X
Realizar unha visita   a METEOGALICIA para visitar as instalacións e os profesionais que alí traballan.


X
Asistir a xornadas de  formación específica sobre o desenvolvemento deste programa.
X



E agora.....listos para empezar a  investigar e a analizar o tempo en Toén!!!!

O equipo de profesores  que colaborarán  neste proxecto xa está formado:

Maite Álvarez Gomez (Mestra de  PT
Begoña Molina Blanco (Titora de 2º)
Porfirio Seara Dios (Titor de 1º)
Xosé Raposo Gallego (Titor de  5º e  Coordinador do proxecto)