viernes, 31 de mayo de 2019

Día abafante de calor extremo

Hoxe  estamos a sufrir un día abafante de calor seco. Ás  11:00  horas  xa  tiñamos en Toén 28 graos.....


Se onte xa tivemos  case 34 graos de máxima, hoxe non vai ser menos. Espéranse  acadar  temperaturas de 35-36 graos.
 

jueves, 30 de mayo de 2019

miércoles, 29 de mayo de 2019

Calor e bo tempo

Continuamos coas subidas das temperaturas,  camiñando hacia os  trinta graos.... que  se prevén nos vindeiros días.


martes, 28 de mayo de 2019

Continuamos a debuxar motivos de Meteoescolas....

Os alumnos de  1º e 2 º estiveron traballando en  Plástica aspectos relacionados coa nosa caseta meteorolóxica....
Deixámosvos  aquí unha mostra dos momentos de traballo.....







En breve  lles mostraremos  os  resultados.....
 

Continuamos con tempo soleado

Seguimos a ter un tempo soleado e con amplitudes térmicas considerables....


viernes, 24 de mayo de 2019

Seguimos con tempo de verán

Asómase un  fín de semana  caluroso nas terras de  Toén. De momento, estamos a continuar con amplitudes térmicas   en torno aos  15-20 graos......algo  extremo para estas datas.



martes, 21 de mayo de 2019

Volven as diferenzas térmicas

Hoxe  volvemos a ter unha  amplitude térmica de  16 graos....noites frías e  días moi cálidos. Onte  menos mal que aínda caeu unha  pinguadiña de auga.



jueves, 16 de mayo de 2019

Cambio de tempo....

Hoxe  cambiou o tempo.... e  de repente, encontrámonos con  15 graos menos!!!! nublado e con  pintas de que  vai  chover!! Pasamos do verán ao inverno nun santiamén!!!!



martes, 14 de mayo de 2019

Visita a Meteogalicia

Hoxe visitamos  Meteogalicia e  queremos compartir convosco  este album de  fotos.....












O Tempo seco segue connosco

Rematamos a  semana pasada con  temperaturas agradables  e iniciamos  ésta  Semana das Letras con  temperaturas propias do verán....




miércoles, 8 de mayo de 2019

Seguimos con pinguas de chuvia

Hoxe  temos un día  de temperaturas suaves e  con pinguas de auga.  O forte  vento racheado do Sur é  moi molesto.

martes, 7 de mayo de 2019

Volveu a chuvia

Hoxe volvemos a ter  unha  pinguada de chuvia. Case nada. E as temperaturas volven a ser suaves.
E aquí temos as nosas aprendizes do tempo....tomando nota de todo.


jueves, 2 de mayo de 2019

Estreamos taboleiro do tempo

Esta semana estreamos  o taboleiro meteorolóxico na nova ubicación, na entrada, de frente, onde se vei ben.  Temos que agradecerlles aos profesores  que colaboraron  na súa  elaboración e ubicación, que coma sempre, estiveron acertados na eleccción.
A partires de agora, serán  os  alumnos os que   vaian eles solos  a facer o seguimento da temperatura e  dos datos da chuvia.
 De cine....

Adeus abril e benvido maio

Con abril foise a auga  e o temporal e  recibimos a  maio con sol aínda que con  ventos  racheados do norte.
As temperaturas seguen a ser frescas pola noite e  comezan a subir polo día. Levamos  tres días  sen precipitacións.