martes, 25 de junio de 2019

O libro dos refráns do tempo

Os alumnos de  1º e 2º  deixáronnos un pequeno libro  con refráns  referidos ao tempo atmosférico.
Aquí temos a portada e o enlace  para  ver o libro completo.



Libro de refráns



viernes, 21 de junio de 2019

Un pouco de chuvia para despedir o curso

Hoxe   ó final tivemos un pouco de chuvia para despedir o curso escolar 2018-19,  curso  no que  experimentamos  coñecementos novos, vivimos   experiencias  meteorolóxicas,..... en fín  fixemos un montón de cousas.
E por  fín  un chisco de chuvia...


jueves, 20 de junio de 2019

miércoles, 19 de junio de 2019

Revolucion do tempo

Hoxe  tivemos un día  un chisco  revolto, con  algo de chuvia  e mesmo un pouco de  vento a primeira hora. Por fín  puidemos  ver   o pluviómetro con algo de  auga!!!  E as temperaturas mantéñense  suaves.


martes, 18 de junio de 2019

Unha píngua de auga

Por fín  hoxe  vimos  unha píngua de auga no noso pluviómetro!!! Xa levabamos días  sen  recoller unha  gota. ....

Hoxe tivemos un día  de choiva  fina, miuda  pero  mollaba.  Con todo,  as temperaturas como se pode ver  foron  suaves.

lunes, 17 de junio de 2019

Aprendices de meteorólog@s.

Hoxe imos  ver cómo os nosos alumnos  dan  o tempo en directo desde Toén para  toda Galicia e parte  de España.


viernes, 14 de junio de 2019

Seguimos con bo tempo ....

Seguimos a ter bo tempo, ainda que as mínimas  son baixas  e estes días  as máximas tampouco  foron moi altas, para o que estamos acostumados....


 E sen pizca de  chuvia...



martes, 11 de junio de 2019

lunes, 10 de junio de 2019

Parece que volve o bo tempo...

Hoxe  retomamos  a publicación dos datos observados despois duns días  un pouco ocupados noutras cousas....
 Hoxe  temos un día agradable canto á temperatura.  Agora  veremos canto dura esto....



viernes, 7 de junio de 2019

O tempo, onte e hoxe

Hoxe expuxemos  dun traballo que   fixemos sobre  o Tempo no noso concello. Foi un traballo de grupo onde   tivemos que  interpretar as gráficas de temperaturas  obtidas tralo rexistro das observacións feitas desde o mes de novembro ate o mes de abril.
Tamén  quixemos  deixar  constancia  dalgunha forma de  predecir o tempo  polos nosos antergos. A través das témporas e das cabañuelas e algúns refráns propios do tempo.







Aqui vos deixamos as claves da nosa  exposición.