viernes, 29 de noviembre de 2019

Peche de semana de chuvia

Esta semana, coa Lúa nova, tiñamos a esperanza de que  o tempo cambiara un pouco,  e  a chuvia   nos  deixara uns días, pero non foi así.  Tivemos unha semana pasada por auga, non moita pero sí cada día.
Temperaturas moi  estables e templadas,  con  moi pouca amplitude térmica. 
 A chuvia non foi moita  ao longo de toda a semana,  pero cada día   puidemos  observar  que o noso pluviómetro recollía  valores que  oscilaban en torno dos 5 litros e pico  de media ao longo da semana.



jueves, 28 de noviembre de 2019

Xoves de mal tempo

Un día mais   quen  apareceu  bastante claro e estable pero que conforme foi avanzando foise poñendo moi feo.... A chuvia un día mais  fixo acto de presencia, non é moita pero  por  veces  intensa.






miércoles, 27 de noviembre de 2019

Continuamos co mesmo tempo

Hoxe  Inés, de  6º  foi tomar nota das  observacións na nosa caseta meteorolóxica....



 E despois  colocou os datos no noso taboleiro...





martes, 26 de noviembre de 2019

Dia de cambios....

Hoxe martes,  amañecemos  con  boas temperaturas, incluso con claros e  boas temperaturas, pero a partires da mediodía, o tempo cambiou e  o forte vento trouxo treboadas fortes de  chuvia intensa, aínda que onte non caera gota.

Agardamos  polo medidor da velocidade do vento que  nos pode  permitir observar  datos  moi significativos.

lunes, 25 de noviembre de 2019

Iniciamos unha nova semana de borrascas

Hoxe  volvemos a  encontrarnos cunha  nova borrasca que  traerá chuvis e  moito vento.

 Non temos temperaturas moi frías pero  tampouco moi altas. E  as precipitacións do  fin de semana  foron abundantes....

viernes, 22 de noviembre de 2019

Volve outra borrasca

Pechamos a semana de observacións cun venres con temperaturas agradables, peor  día moi desapacible.



Igual está chovendo e con moito vento como que  sae o sol e podemos ver o arco da vella....

 Desde a clase de  6º....  excelentes vistas!!!


Semana fría e chuviñosa

Levamos unha semana con bastante frio e  chuvia....

 Auga non foi moita a que caeu....

 As nosas meteorólogas de  terceiro....





miércoles, 20 de noviembre de 2019

Mércores con moito frío e chuviñoso

Hoxe  demos o  momento de saída  para  a nova análise de datos de temperatura e chuvia para este curso,  xa que   aproveitamos o momento para explicarlles aos alumnos de  4º e de 5º cómo  facemos a recollida de datos, e  despois como traballamos na aula con eses datos. 
Todos estiveron atentos ás informacións que  lles daba un grupo de alumnos e alumnas de  2º e 3º que  hoxe foron os "formadores" , os nosos aprendices de  meteorólogos....



 Hoxe  subiu algo a mínima pero a máxima de onte foi moi baixa....


martes, 19 de noviembre de 2019

viernes, 15 de noviembre de 2019

miércoles, 13 de noviembre de 2019

Segundo día de rexistros

Hoxe  continuamos co rexistro de  temperatura e  chuvia na nosa estación.....
 Onte  volveu a ser un día de bastante chuvia....



martes, 12 de noviembre de 2019

Novo curso, novo proxecto METEOESCOLAS

Iniciamos  unha nova andadura  no proxecto Meteoescolas para  este  curso 2019-20......

E empezamos a tomar os datos de temperatura e  chuvia na nosa estación....

 Como podemos ver,  a temperatura mínima  hoxe foi moi baixa, mentras que a  máxima de onte, luns,  foi moi moderada.

 Acompañáronnos  nesta primeira medición algúns alumnos e alumnas de  2º e 3º de  Primaria.

 Canto á  auga recollida,  chegamos a  25, despois de un fin de semana  moi chuviñoso.