Un novo grupo de alumnos vai a recoller os datos á estación.....
miércoles, 6 de febrero de 2019
martes, 5 de febrero de 2019
Rexistro de datos
Aprendendo a tomar os datos da estación
Os nosos alumnos e alumnas de 1º, 2º e 5º xa van cada día a recoller os datos de temperatura e chuvia na nosa caseta... Logo, en cada clase anóntanse nunha ficha creada para o rexistro e tamén se rexistra na aplicación de Meteogalicia.
Estes foron as alumnas observadoras do día 3 de febreiro....
E estes outros os observadores de hoxe, 4 de febreiro. Hoxe tiñamos 4 graos de temperatura mínima no entorno do noso colexio. E a máxima de onte luns, foi de 11 graos centigrados.
Hoxe non se recolleron datos de chuvia pois onte non choveu.
viernes, 1 de febrero de 2019
Dia 1 da observación de datos
Primeria recollida de datos na nosa caseta meteorolóxica.
Hoxe por fín puidemos ir á nosa caseta meteorolóxica e tomar nota dos datos de temperatura que reflexa o termómetro que alí temos instalado.
Fomos todos os alumnos de 1º, 2º e 5º xunto cos profes colaboradores e estivemos vendo cómo temos a caseta instalada e os demais aparatos de medida.
Os datos observados foron os seguintes: Temperatura mínima 2,3. Temperatura máxima de onte, 18 grados.
Os datos xa os introducimos na aplicación de Meteogalicia para o sguimento.
Non medimos a cantidade de auga, porque non puidemos instalar o pluiviómetro ata hoxe. A partires do luns xa tomaremos medidas da auga tamén.
Deixámosvos eiquí algunhas fotos....
O concepto de medida e o procedemento correcto
Aprendendo a observar as medicións
Os nosos alumnos de primeiro como hoxe íamos a facer a nosa primeira observación na nosa estación meteorolóxica, para aprender a non cometer erros na lectura, sobre todo cando teñamos que medir a cantidade de auga recollida no noso pluviómetro....
....Mirando a medición á altura nos nosos ollos.
Dando o Tempo...
As nosas meteorólogas.... fan os seus pinitos
Os nosos alumnos e alumnas de segundo seguen a facer prediccións do tempo atmosférico en Toén.....
miércoles, 30 de enero de 2019
Aprendendo a Meteorólogos
Futuros Meteorólogos?
A pesar de que non tiñamos aínda posta a nosa caseta, os nosos alumn@s xa andan a traballar sobre o tempo atmosférico que fai polo noso Concello, facendo un seguimento a través de Meteogalicia.
Deixámosvos eiquí unhas pinceladas do que xa son capaces de facer os alumnos de segundo.
A nosa caseta
Xa temos caseta!!!!
Xa conseguimos a caseta metorolóxica para o noso colexio!!!!! Costounos tempo e xestións, pero xa é unha realidade!!!!.
Presentámoslla aos participantes e xa a temos instalada. Tan só nos falta colocar o Pluviómetro....
Xa case viña completa.....pero incorporaremos máis aparellos de medida para o próximo curso.
Presentámoslla aos participantes e estiveron encantados.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








