E aquí temos as nosas aprendizes do tempo....tomando nota de todo.
martes, 7 de mayo de 2019
Volveu a chuvia
Hoxe volvemos a ter unha pinguada de chuvia. Case nada. E as temperaturas volven a ser suaves.
jueves, 2 de mayo de 2019
Estreamos taboleiro do tempo
Esta semana estreamos o taboleiro meteorolóxico na nova ubicación, na entrada, de frente, onde se vei ben. Temos que agradecerlles aos profesores que colaboraron na súa elaboración e ubicación, que coma sempre, estiveron acertados na eleccción.
A partires de agora, serán os alumnos os que vaian eles solos a facer o seguimento da temperatura e dos datos da chuvia.
De cine....
A partires de agora, serán os alumnos os que vaian eles solos a facer o seguimento da temperatura e dos datos da chuvia.
De cine....
Adeus abril e benvido maio
Con abril foise a auga e o temporal e recibimos a maio con sol aínda que con ventos racheados do norte.
As temperaturas seguen a ser frescas pola noite e comezan a subir polo día. Levamos tres días sen precipitacións.
As temperaturas seguen a ser frescas pola noite e comezan a subir polo día. Levamos tres días sen precipitacións.
jueves, 25 de abril de 2019
Días de chuvia e frio
Imos polo cuarto día de chuvia e baixas temperaturas que estamos a sufrir despois das vacacións de Semana Santa... Levamos uns días que as temperaturas non suben de 15 graos e as mínimas rondan os 3 graos. Chove a bondo e por veces temos unha ventoladas que parece que van caer as árbores.....
Hoxe deixámosvos estas mostras....
Hoxe foi o día que menos rexistro pluviométrico observamos... nos días anteriores chegouse a niveis superiores.
viernes, 12 de abril de 2019
Ultimo día de chuvia
A chuvia apareceu, estivo uns días por eiquí e foise. Imaxinamos que a outra parte coas pinguadas primaverais..... Menos mal que aínda nos deixou unha pouquiña.... que veu cos temperaturas baixas...
Contentas estabamos con esta riqueza.
viernes, 5 de abril de 2019
Chegou a chuvia
Por fín, detrás do frío polar que estamos tendo estes días, asomou por fín a chuvia e deixounos unhas pingoadas.....
Esperemos que abril faga xusticia ao refran do mes...
Iván, de 3º, mostra orgulloso a cantidade de auga recollida no pluviómetro. Xa era hora de recoller algo!!!!! Que chova!!!!!
Esperemos que abril faga xusticia ao refran do mes...
Iván, de 3º, mostra orgulloso a cantidade de auga recollida no pluviómetro. Xa era hora de recoller algo!!!!! Que chova!!!!!
miércoles, 3 de abril de 2019
Por fin un cambio de tempo
Hoxe visitounos a chuvia aínda que non caeu nin unha gota no noso pluviómetro..... Polo menos, as temperaturas baixaron moito. Hoxe temos un día con moito frío en comparación con estes días de atrás...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








