jueves, 25 de abril de 2019

Días de chuvia e frio

Imos polo cuarto  día de chuvia  e  baixas temperaturas que estamos a sufrir despois das vacacións de  Semana Santa... Levamos uns días  que  as temperaturas non suben de 15 graos e as mínimas  rondan os  3 graos.  Chove a bondo e  por  veces  temos unha  ventoladas  que parece que van caer as árbores.....
Hoxe deixámosvos  estas mostras....

 Hoxe  foi o día que menos rexistro pluviométrico observamos... nos días anteriores chegouse a  niveis superiores.


viernes, 12 de abril de 2019

Ultimo día de chuvia

A chuvia  apareceu, estivo uns días por eiquí e  foise. Imaxinamos que  a outra parte coas pinguadas primaverais..... Menos mal que  aínda nos  deixou  unha pouquiña.... que  veu  cos temperaturas baixas...


 Contentas estabamos con  esta riqueza.




viernes, 5 de abril de 2019

Chegou a chuvia

Por fín, detrás do frío polar que  estamos tendo estes días,  asomou por fín  a chuvia e deixounos unhas pingoadas.....
Esperemos que  abril faga xusticia ao refran  do mes...




 Iván, de  3º,  mostra orgulloso a cantidade de auga  recollida no pluviómetro. Xa era hora de  recoller algo!!!!! Que chova!!!!!


miércoles, 3 de abril de 2019

Por fin un cambio de tempo

Hoxe visitounos a chuvia  aínda que non caeu  nin unha gota no noso pluviómetro..... Polo menos, as temperaturas  baixaron moito. Hoxe temos un día con moito frío en comparación con estes días de atrás...



miércoles, 13 de marzo de 2019

Seguimos con bo tempo

Seguimos con bo  tempo, aínda que  polas mañás  fai frio..... as mínimas  son baixas aínda que as máximas  seguen a ser un chisco altas.
Estes días  estamos con mínimas  ó redor dos  4 grados e  de máximas de 15 º.




viernes, 1 de marzo de 2019

Cantando esperando a chuvia

Os nosos  cativos de  1º e 2º  quixeron  manifestarse   perante a  ausencia de chuvia neste inverno e  nada mellor que  disfrazarse  e mirar ao ceo  por si cae unha gotiña.....

miércoles, 27 de febrero de 2019

Seguimos con sol!!!!

E seguimos  con  temperaturas altas.... e sen chover!!!

Levamos uns días  con temperaturas máximas  por enriba dos  20 graos e con mínimas que rondan os  10, algo  impropio do  mes de febreiro.  Estas tamén son algunhas consecuencias do cambio climático.