
Este curso 2018-19 iniciámonos nun novo proxecto de traballo dentro do programa de Plans Proxecta que ofrece a Consellería de Educación aos centros educativos, o Proxecto "
METEOESCOLAS" , que nós elaboramos e presentamos co lema de "
MeteoAprendendo".
Efrén, a nosa mascota está a facer o seguimento de tódolos proxectos e éste tampouco escapa a o seu control.
A continación deixávosmos os principais obxetivos que nos marcamos:
- Familiarizar
ao alumnado cos termos meteorolóxicos e
co funcionamento dos instrumentos de medida.
- Implicar á comunidade educativa no coñecemento da
meteoroloxía e a súa relación co medio ambiente.
- Empregar a meteoroloxía como
motor de traballo interdisciplinar que
fomenta o desenvolvemento das compentencias clave.
- Proporcionar
ao alumnado estratexias de recollida, manexo, tratamento e interpretación da
información.
- Que
o alumnado se familiarice coa creación de
gráficas, táboas e climogramas e
sexa capaz de interpretalas e
explicar o que reflexan.
- Que
o alumnado desenvolva estratexias de relación social e de traballo cooperativo,
fomentando a inclusión de todos e de todas
dentro dun clima de convivencia axeitado.
- Que o alumnado
valore a importancia da interpretación do tempo atmosférico e as
variacións no clima para a vida
no medio rural.
- Que
o alumnado aprenda a planificar accións, desenvolvelas con
autonomía, valoralas e propoñer
melloras.
Para acadalos, propuxemos algunhas actividades interesantes para desenvolver ó longo do curso. Serán os nosos alumnos e alumnas de 1º, 2º e 5º os verdadeiros protagonistas desta aventura multidisciplinar que nos levará a descubrir coñecementos, situacións, experiencias, vivencias, .... multidiversas e moi enriquecedoras.
Esta é a nosa previsión de actuacións.
ACCIÓNS
|
1T
|
2 T
|
3 T
|
Recollida diaria de datos de temperatura, choiva e estado do ceo.
|
X
|
X
|
X
|
Reflexar estes
datos nos correspondentes calendarios e espacios web/blog.
|
|
X
|
X
|
Establecer os instrumentos necesarios para o rexistro de datos.
|
X
|
|
|
Elaborar refraneiros para cada mes do ano.
|
X
|
X
|
X
|
Elaborar
estatísticas cos datos
recollidos.
|
|
X
|
X
|
Rexistrar o
estado do ceo cada día (sol/nublado/choiva/neve)
|
X
|
X
|
X
|
Realizar
entrevistas aos maiores do
Concello para recoller información sobre cómo se predecía o tempo
antigamente.
|
|
X
|
X
|
Creación de murais onde
se reflexen os datos trimestrais de temperatura e chuvia.
|
|
X
|
X
|
Elaboración dun documento audiovisual que recolla o máis
significativo do proxecto.
|
X
|
X
|
X
|
Elaboración de calendarios meteorolóxicos e climogramas.
|
|
X
|
X
|
Creacción dun espacio propio dentro do sitio web do
centro ou mesmo un blogue.
|
|
X
|
X
|
Recibir no
centro a visita dun meteorólogo.
|
|
X
|
X
|
Realizar unha visita
a METEOGALICIA para visitar as instalacións e os profesionais que alí
traballan.
|
|
|
X
|
Asistir a xornadas de
formación específica sobre o desenvolvemento deste programa.
|
X
|
|
|
E agora.....listos para empezar a investigar e a analizar o tempo en Toén!!!!
O equipo de profesores que colaborarán neste proxecto xa está formado:
Maite Álvarez Gomez (Mestra de PT
Begoña Molina Blanco (Titora de 2º)
Porfirio Seara Dios (Titor de 1º)
Xosé Raposo Gallego (Titor de 5º e Coordinador do proxecto)