Os profes informámonos sobre cómo levar adiante o proxecto de MeteoAprendendo no noso colexio. Dous mestres, Porfirio Seara e Xosé Raposo asistiron onte, 3 de decembro, a unha xornada de Formación nos locais de Meteogalicia, en Santiago de Compostela.
Ali compartimos experiencias que levan a cabo noutros colexios, informáronnos de cómo teremos que facer as medicións e algunhas orientacións para elaborar a Memoria Final.
Entregáronnos como material de partida, un pluviómetro e un termómetro dixital para rexistrar as temperaturas mínimas e máxima respectivamente.
Agora, só nos falta facernos cunha caseta para ubicar os aparellos de medida e buscarlles unha ubicación no entorno do centro. Nelo xa andamos!!!!
Algo así....
No hay comentarios:
Publicar un comentario