Hoxe observamos unha temperatura moi rara, moi rara.
Hoxe cando visitamos a nosa caseta, observamos que presentaba uns datos moi raros.... moi elevados para o noso entorno. Fíxonos pensar, e ó final puidemos transformar estas medicións a unha linguaxe que nós entendemos.....
Desta maneira, tivemos que utilizar unha escala de conversión de graos, para pasar de graos Farenhait a graos Centígrados.
Entón, observamos que nese momento, ás 11:15 tiñamos unha temperatura de 7º centrígrados. Tivemos unha mínima de 3,5 e onte tivemos unha máxima de 22,3
Xa descubrimos algo máis, outro tipo de medida da temperatura. E ademais, que temos que ter coidado cando reseteamos pois non debemos cambiar o sistema de medida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario